Emisión Online

PROGRAMAS

Redes Sociais

Radio Nordés-Cadena SER, continúa dando pasos de cara a que calquera veciño da Costa da Morte, resida onde resida, poda acceder a actualidade e a información da súa bisbarra.

Así, poñemos a disposición de quen o desexe, non so esta web e o enlace a nosa emisión en directo, senón tamén a posibilidade de opinar sobre calquera dos contidos que ofrecemos en Facebook, no enlace que tedes a carón deste texto, e tamén en Twitter, seguindo o perfil @RadioNordesSER.
 

Dentro do noso compromiso coa bisbarra, queremos contar con todos a hora de coñecer as vosas preferencias e gustos, en materia informativa, de entretemento e musical. Por iso, poñemos a vosa disposición o correo electrónico Sernordes@radiocoruna.es. Nel, si o desexades, podedes achegarnos novas, ideas, suxerencias e peticións de cara a enriquecer a nosa programación. Somos todos oídos.
Trataremos de que, en asuntos de extraordinaria relevancia, sirva tamén este espazo como lugar no que dar a coñecer novas importantes de interese común que afecten a maioría ou a boa parte do noso territorio.
Director Radio Nordés